Adivina estrea a tvmovie “A pesar de todo, quérote”
NOTICIAS TV-CINE

 Image

O próximo xoves 22 de decembro terá lugar no Auditorio de Mera a estrea da nova  tvmovie producida por Adivina en coprodución coa TVG, “A pesar de todo quérote”.

O filme, que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), foi rodada nos concellos de Oleiros, Cambre, Arteixo, Lugo e A Coruña, e narra a dramática historia de amor dun grupo de xóvenes.

A proxección contará coa presencia do seu director, Jorge Algora, da produtora executiva Susana Maceiras, e dos actores do filme Christian Escuredo, Déborah  Vukusic, Rubén Prieto, Lúa Testa,  Belén Constenla, Rosa Álvarez e Alfonso Agra.

O acto, que conta coa colaboración do Concello de Oleiros e Gadis, celebrarase no Auditorio Gabriel García Márquez, Rúa do Xabre, Mera, (Oleiros) o xoves 22 de decembro ás 20.00h. 

 ¡Esperámosvos!

 
Making of "A pesar de todo, quérote"
NOTICIAS TV-CINE

Making of da nova Tvmovie de Adivina,  A PESAR DE TODO, QUÉROTE, coproducida pola TVG e co apoio de AGADIC.

 
Trailer de "A pesar de todo, quérote"
NOTICIAS TV-CINE

Para Alicia, Xavier e Vítor hoxe non é un día calquera, cúmprense catro anos do día no que todo cambiou.


A PESAR DE TODO, QUÉROTE aborda as consecuencias dun accidente de tráfico nas vidas e relacións afectivas dun grupo de mozos de 20 anos.
Con Christian Escuredo, Déborah Vukusic e Rubén Prieto. Dirixida por Jorge Algora e producida por Adivina e TVG.

Preme na seguinte imaxe para ver o trailer: 

 


Adivina Producciones | inicio
nota legal
NOTICIAS