"A mirada de Anna" e "Vivir a destempo" no Festival Primavera do Cine de Vigo PDF Imprimir E-Mail

Image

Os documentáis "A mirada de Anna" e "Vivir a destempo" foron seleccionados para participar no I Festival Primavera do Cine que se celebra entre o 30 de maio e o 2 de xuño en Vigo. As proxeccións terán lugar o mércores 30 de maio ás 20:30 no Auditorio do Concello (Praza do Rei 1).

 “A mirada de Anna” (Llorenç Soler Jorge Algora, 2009) céntrase no traballo da fotógrafa catalana Ana Turbau como reporteira gráfica en Galicia. A través de fotografías, lembranzas e testimonios dos protagonistas da segunda metade dos anos 70, descubrimos a historia menos oficial da transición á democracia en Galicia.

“Vivir a destempo” (Rita Romero, 2007) traza unha radiografía da microsociedade urbana nocturna na que un farmacéutico, un panadeiro, un recolledor de lixo, unha teleoperadora ou un locutor de radio nos mostran as súas actividades, necesarias non só para facer mais doada a noite, senón para poñer a punto un novo día.

"A mirada de Anna" é unha coproducción de Adivina e Área de Televisió coa colaboración de TVG, TV3, Xunta de Galicia e Generalitat de Catalunya. “Vivir a destempo” é unha producción de Adivina  para TVG.

 
< Anterior   Siguiente >
[Volver]


Adivina Producciones | inicio
nota legal
NOTICIAS